O Castelo Conta é a iniciativa cultural máis relevante no rural galego, pensada para poñer en valor a tradición oral, a memoria local en pequenos núcleos de poboación, o monte e os seus recursos, e po
O Castelo Conta é a iniciativa cultural máis relevante no rural galego, pensada para poñer en valor a tradición oral, a memoria local en pequenos núcleos de poboación, o monte e os seus recursos, e por suposto, a festa.
Un proxecto sostible e comprometido promovido polas veciñas e veciños da parroquia de Castelo, en Culleredo (A Coruña), que cada mes de agosto celebra un festival pensado para público de todas as idades, e que o resto do ano traballa nunha ampla programación relacionada coa cultura no rural.
Coa aplicación do Castelo Conta terás acceso a todas as noticias relacionadas coa nosa actividade, galerías, vídeos, tenda online ou un completo mapa sonoro.